Si! Colaboramos activamente con quen acompaña no día a día o desenvolvemento e a aprendizaxe dos máis pequenos. Ofrecemos asesoramento na selección de materiais pedagóxicos para aulas, lotes de literatura infantil e xuvenil, recursos para proxectos educativos e desenvolvemento de actividades conxuntas para a comunidade. Se es un colexio, unha ANPA ou un profesional do sector, non dubides en poñerte en contacto con nós para deseñar propostas a medida e explorar vías de colaboración!
Elefantes
e
Castelos
Espazo onde atopar artigos e xogos inclusivos
Espazo próximo e de confianza, onde atopar artigos e xogos inclusivos e respectuosos non só cos máis pequenos senón tamén co mundo que os rodea. Un espazo no que compartir impresións e no que intentamos dar o mellor asesoramento tendo en conta as necesidades e o momento evolutivo de cada pequeno.
Quen somos?
Detrás de Elefantes e Castelos atopámonos Bea e Yohana, amigas e mamás de tres pequenos que resultaron ser o punto de inflexión para botar a andar este pequeno proxecto.
Un espazo próximo e de confianza, onde atopar artigos e xogos inclusivos e respectuosos non só cos máis pequenos senón tamén co mundo que os rodea. Un espazo no que compartir impresións e no que intentamos dar o mellor asesoramento tendo en conta as necesidades e o momento evolutivo de cada pequeno.
Cremos na necesidade de explotar dende idades temperás a nosa curiosidade innata, así como tamén na importancia de aportar os nutrientes necesarios para que ese entusiasmo polo coñecemento non se perda a medida que cumprimos anos.
Somos Bea e Yohana
Regalos e caixas
personalizadas
Coas nosas caixas de agasallos e artigos personalizados pretendemos transmitir o aprecio e afecto que tendes por quen os recibe.
Cada ocasión é especial e distinta, cóntanos que queres e nós poñeremos todo o noso cariño e empeño para transmitir esa bonita mensaxe.
ELEFANTES E CASTELOS
A nosa filosofía
Xogo didáctico
Os nenos non xogan para aprender pero si aprenden mentres xogan. Esta é unha presima que temos en conta sempre á hora de escoller cada xoguete.
Proximidade
En Elefantes e Castelos é esencial que te sintas cómodo e escoitado.
Compromiso medioambiental
Para nós é moi importante reducir o noso impacto ambiental, premisa que temos en conta ó escoller os provedores cos que traballamos.
Preguntas
máis frecuentes
Traballades ou colaborades con centros educativos, profesionais ou entidades locais?
Onde se realizan os obradoiros e charlas, e como me podo inscribir?
Actualmente estamos a acondicionar o noso espazo na tenda de Padrón para acoller moi pronto obradoiros, charlas de crianza e actividades tanto para os máis pequenos como para adultos. Estamos a traballar na programación e en breve teremos dispoñible a axenda coa información das inscricións na web e nas nosas redes sociais.
Cales son as formas de pagamento dispoñibles?
Nas propostas personalizadas que vos enviamos por privado detallamos as opcións dispoñibles segundo a túa preferencia, incluíndo pagamento con tarxeta, Bizum ou transferencia bancaria, para que poidas realizar a túa compra de forma sinxela e segura.
Canto custan os envíos e cales son as condicións de entrega?
-
Proximidade (radio de 30 km dende Padrón): Envío gratis para compras a partir de 30 €.
-
Resto de Galicia: Envío gratis en compras superiores a 49 €. Para pedidos inferiores a esa cantidade, o custo do envío é de 3,95 €.
-
Resto da Península: Condicións e tarifas a consultar directamente connosco.
Pódense reservar produtos con antelación para eventos, aniversarios ou Nadal?
Si! Se buscas un xoguete ou detalle para unha data concreta e queres asegurar a súa dispoñibilidade, podes poñerte en contacto con nós coa suficiente antelación. Encargarémonos de reservalo ou de xestionar a súa encomenda para que o teñas listo a tempo.
ELEFANTES E CASTELOS
Novidades
Lorem ipsum dolor, sit amet consectetur adipisicing elit. Eaque quia quo pariatur eum magni amet repudiandae, quisquam exercitationem natus nulla officiis provident necessitatibus repellendus corrupti impedit aliquid animi alias fugiat!
Sed placeat illo commodi repellendus! Earum, iste. Repellat facere at dolorum fugiat quae, excepturi voluptatibus fugit placeat a expedita veritatis ullam officiis commodi suscipit incidunt aliquam atque quod et totam!
Laboriosam maiores et iusto nam in blanditiis eaque, quidem aperiam ducimus vero omnis saepe impedit qui illo, ad eum fuga eos sequi id quibusdam esse harum ea rem. A, sunt?
Quisquam alias amet harum, doloribus cupiditate, fugiat blanditiis ullam corrupti recusandae animi totam dignissimos beatae quis dolor id eius ad minus, culpa iure! Commodi voluptate accusantium deserunt tempore illo repellendus?
Consequatur, quo? Magni suscipit similique dignissimos doloribus autem ipsum odit alias reiciendis iste reprehenderit, cupiditate delectus ducimus deleniti id, quia praesentium vel eligendi facere nisi voluptatibus, sequi facilis? Quisquam, culpa!
Consectetur, pariatur aspernatur tempore quae, vel minus quas quisquam mollitia vero at sint atque quis explicabo autem debitis tenetur obcaecati repellat natus? Hic omnis facere repudiandae nobis tenetur voluptatum perferendis.