📍 Padrón e contorna (30 km): Envío GRATIS dende 30€  |  📦 Resto de Galicia: Envío GRATIS dende 49€ (ou só 3,95€)  |  📩 Península: Consultar

Patinetes e Bicis

A través das bicis de equilibrio e patinetes non só lles inculcamos unha forma de vida máis sostible ós pequenos da casa senón que tamén supoñerán un dos seus primeiros desafíos. Con eles adestrarán o equilibrio e mellorarán o sentido da coordinación e da orientación. Tamén dispoñemos dos accesorios necesarios.

Cada ocasión é única e nós poñeremos todo o noso cariño e empeño para transmitir esa bonita mensaxe.