Polo de agora non temos a opción de venda directa online. Non obstante, en canto nos fagades saber o que precisades (a través do formulario Que buscas?, redes sociais, WhatsApp ou correo electrónico), prepararémosvos unha proposta totalmente personalizada coas mellores opcións. Na propia proposta detallarémosvos polo miúdo as condicións de pagamento e as opcións de envío.
Preguntas frecuentes
Proceso de compra e asesoramento
Pódense mercar os artigos directamente a través da web?
Axudádesme a escoller o xoguete ou libro máis axeitado segundo a idade?
Si, totalmente! O asesoramento personalizado é a nosa prioridade. Se tes dúbidas sobre cal é a mellor opción para un agasallo ou para unha etapa concreta do desenvolvemento, só tes que cubrir o formulario do apartado Que buscas? na nosa web contándonos o que precisas. Unha vez o recibamos, analizaremos as túas necesidades e enviarémosche propostas acordes co que nos solicitas. Tamén podes escribirnos por WhatsApp ou redes sociais se o prefires.
Canto tardarei en recibir a miña proposta personalizada?
Unha vez que nos envíes a túa solicitude polo formulario Que buscas?, WhatsApp ou redes sociais, respostaremos coa nosa proposta personalizada no menor tempo posíbel (habitualmente nun prazo de 24 a 48 horas laborables).
Produtos e servizos
Que tipo de xogos e artigos podo atopar en Elefantes e Castelos?
En Elefantes e Castelos seleccionamos coidadosamente xoguetes educativos, xogos de mesa, literatura infantil e recursos didácticos libres de estereotipos e roles de xénero. Apostamos polo xogo inclusivo, sostible e respectuoso cos tempos e o momento evolutivo de cada neno e nena. Ademais, contamos con artigos de crianza respectuosa, artesanía galega e servizo de personalización de detalles.
Sodes tamén libraría? Podo empregar os vales de libros e material da Xunta de Galicia?
Si! En Elefantes e Castelos somos libraría especializada e participamos no programa de Axudas de Libros de Texto e Material Escolar da Xunta de Galicia. Podes utilizar connosco os teus vales para canxear tanto os libros de texto ou de lectura como o material escolar para o colexio. Só tes que poñerte en contacto con nós ou visitar a nosa tenda física para xestionalo.
Tedes opcións de agasallo para a mocidade e adultos?
Si! Aínda que a infancia é o noso eixe principal, tamén contamos con propostas pensadas para a mocidade e o público adulto. Na nosa selección atoparás xogos de mesa para xogar en familia ou con amigos, literatura, retos de lóxica e detalles especiais para calquera idade.
Tedes tarxetas regalo dispoñibles?
Si! Dispoñemos de tarxetas regalo con varias cantidades para que poidas escoller o importe que mellor se adapte ao que buscas. Son a opción perfecta cando queres facer un agasallo especial e preferes que os pais ou o propio neno/a escollan ao seu gusto. Podes solicitala directamente en contacto connosco e enviarémoscha lista para agasallar.
Como funciona o servizo de personalización de artigos e agasallos?
Personalizamos caixas de madeira, detalles para eventos e diversos artigos para facer cada agasallo único. Podes indicarnos a túa idea ou o nome que queres engadir ao poñerte en contacto con nós e deseñaremos xuntos o teu detalle especial.
Pódense preparar os pedidos para agasallo?
Si, por suposto! Preparámosche os xoguetes, libros ou detalles listos para agasallar con todo o noso cariño. Se ademais queres engadir unha nota ou tarxeta personalizada cunha mensaxe especial para quen o recibe, só tes que indicárnolo ao facer a túa solicitude.
Pódense reservar produtos con antelación para eventos, aniversarios ou Nadal?
Si! Se buscas un xoguete ou detalle para unha data concreta e queres asegurar a súa dispoñibilidade, podes poñerte en contacto con nós coa suficiente antelación. Encargarémonos de reservalo ou de xestionar a súa encomenda para que o teñas listo a tempo.
Canto custan os envíos e cales son as condicións de entrega?
-
Proximidade (radio de 30 km dende Padrón): Envío gratis para compras a partir de 30 €.
-
Resto de Galicia: Envío gratis en compras superiores a 49 €. Para pedidos inferiores a esa cantidade, o custo do envío é de 3,95 €.
-
Resto da Península: Condicións e tarifas a consultar directamente connosco.
Cales son as formas de pagamento dispoñibles?
Nas propostas personalizadas que vos enviamos por privado detallamos as opcións dispoñibles segundo a túa preferencia, incluíndo pagamento con tarxeta, Bizum ou transferencia bancaria, para que poidas realizar a túa compra de forma sinxela e segura.
Onde se realizan os obradoiros e charlas, e como me podo inscribir?
Actualmente estamos a acondicionar o noso espazo na tenda de Padrón para acoller moi pronto obradoiros, charlas de crianza e actividades tanto para os máis pequenos como para adultos. Estamos a traballar na programación e en breve teremos dispoñible a axenda coa información das inscricións na web e nas nosas redes sociais.
Traballades ou colaborades con centros educativos, profesionais ou entidades locais?
Si! Colaboramos activamente con quen acompaña no día a día o desenvolvemento e a aprendizaxe dos máis pequenos. Ofrecemos asesoramento na selección de materiais pedagóxicos para aulas, lotes de literatura infantil e xuvenil, recursos para proxectos educativos e desenvolvemento de actividades conxuntas para a comunidade. Se es un colexio, unha ANPA ou un profesional do sector, non dubides en poñerte en contacto con nós para deseñar propostas a medida e explorar vías de colaboración!