Quen somos?
Quen somos?
Elefantes e Castelos pretende ser un espacio próximo e de confianza, onde atopar artigos e xogos inclusivos e respectuosos non só cos máis pequenos senón tamén co mundo que os rodea. Un espazo no que compartir impresións e no que intentamos dar o mellor asesoramento tendo en conta as necesidades e o momento evolutivo de cada pequeno.
Cremos na necesidade de explotar dende idades temperás a nosa curiosidade innata, así como tamén na importancia de aportar os nutrientes necesarios para que ese entusiasmo polo coñecemento non se perda a medida que cumprimos anos. Por todo isto esperamos que na nosa tenda cadaquén atope o seu recunchiño inspirador
Somos Bea e Yohana
Moito máis ca unha tenda de xoguetes: un punto de encontro familiar. Ademais de ser un comercio de xoguetes educativos e materiais didácticos, queremos que Elefantes e Castelos sexa un punto de encontro cálido e acolleedor para as familias en Padrón e na contorna. Un espazo onde compartir experiencias arredor da crianza respectuosa, participar en obradoiros infantís, charlas e actividades que fomenten a autonomía, a igualdade e a creatividade dende os primeiros anos de vida.
Sumamos proxectos xunto ás entidades educativas e profesionais que forman parte da vida dos máis pequenos, compartindo ferramentas pedagóxicas de calidade e creando actividades que sumen ao noso día a día. Cremos na necesidade de estimular dende idades temperás a curiosidade innata da infancia, así como na importancia de aportar os nutrientes educativos necesarios para que ese entusiasmo polo coñecemento non se perda a medida que cumprimos anos. Por todo isto, esperamos que na nosa tenda cada quen atope o seu recunchiño inspirador.